Saturday 11 de May de 2024

O Concello da Pobra executará as medidas oportunas fronte ao gromo detectado unha vez reciba instrucións de Medicina Preventiva


O executivo local da Pobra informa de que executará as medidas que sexan oportunas dentro das súas
competencias unha vez reciba instrucións concretas por parte do servizo de Medicina Preventiva, da Consellaría da Sanidade, trala detección dun gromo nunha conserveira do municipio. No día de onte, mércores 26, realizáronse PCR a un total de 183 persoas traballadoras da conserveira e confirmáronse 4 casos positivos. En total, o número de persoas illadas ascende a 11.
O Concello está en contacto diario con Sanidade para coñece-los datos actualizados e a evolución da situación, pois as competencias correspóndenlle á Administración autonómica.
Cómpre indicar que non se tomará, polo momento, ningunha medida excepcional ao non se emitiren directrices concretas por parte do referido servizo. En consecuencia, desenvolveranse as actividades previstas para esta fin de semana tal e como estaban programadas.
Neste senso, o Goberno municipal comprende a preocupación que todo isto pode xerar, mais asegura que se están adoptando tódalas medidas preceptivas por parte das administracións competentes, polo que se roga non caer no alarmismo e informarse sempre a través das canles adecuadas, sen se deixar
levar polos rumores.